INTEMPESTIVA
INTEMPESTIVA
Peza para calle ou espazos non convencionais
Inspirada na obra e na figura da recoñecida autora Xela Arias (galardoada coas Letras Galegas 2021), Intempestiva é un espectáculo de danza para rúa e espazos non convencionais con 17 minutos de duración. A proposta conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación, con Gena Baamonde na dramaturxia escénica e co espazo sonoro a cargo de LLXNTO & Bruno Baw.
INTEMPESTIVA
1. Que se fai ou ocorre nun momento que non convén.
2. Que non é o máis axeitado, por non ser o habitual ou acostumado.
Como a poesía de Xela, Elahood sempre está na dúbida de cal é o lugar correcto, rexeitando os cánones tradicionais e mostrando unha certa “rebeldía” na súa creación. Un limbo no que costa atopar o equilibrio, apostar por unha linguaxe persoal que atende á creación contemporánea baixo os movementos culturais urbanos.
Os puntos de encontro entre a linguaxe de Elahood e a poesía de Xela Arias son constantes. Na súa obra, Xela atopa nas rúas e nos espazos públicos os coidados e os afectos. As danzas urbanas tamén xorden en rúas e clubs, acompañadas de movementos sociais que fomentan o intercambio cultural e a creación dunha identidade compartida.
Intempestiva plantéxase como un exercicio de liberdade e desobediencia.
Xela Arias fai poesía en movemento, con contrastes, dinamismo, xogando coas regras ortográficas e os formatos, tamén a danza da compañía galega xoga con ritmos, fragmentacións, contrastes e desequilibrios. Intempestiva traslada os versos de Xela Arias aos corpos de Elahood, nunha viaxe compartida coas audiencias, desde unha mirada feminina desbordada no movemento e na danza.
Un retrato en movemento da axitación creativa das novas xeracións.
FICHA ARTÍSTICA
Espectáculo | Intempestiva
Compañía | Elahood
Dirección e interpretación | Sabela Domínguez e Julia Laport
Dramaturxia | Gena Baamonde
Música | LLXNTO & Bruno Baw
Vídeo | Iria Casal
Produción | Elahood
Acompañamento á produción | Manu Lago e Sabela Ramos
Duración | Versión de 15 ou 17 minutos
Sinopse |
Serse Intempestiva.
Os corpos de Elahood entran nun xogo de identidades coa figura e obra de Xela Arias. Xénero, identidade galega, raíces e precariedade entrelázanse para cuestionar que é facer algo de proveito.
PRIMEIRO PREMIO E PREMIO DA CRÍTICA | CERTAMEN COREOGRÁFICO DE MADRID (2021)
PREMIO MELLOR ESPECTÁCULO | PLATAFORMA DE DIÁLOGOS CONTEMPORÁNEOS DEL FESTIVAL DZM (Cáceres, 2021)